viernes, 12 de diciembre de 2014

Ciencia que conta
Déixovos aquí un relato do concurso Ciencia que Conta do ano 2013, ao que lle engadin hiperenlaces . Eu de todos os que había escollín este , resultoume bastante fácil realizar a tarea e vexoa moi interesante .

O garfo dos Pérez
Antón Alexandre Pérez Vázquez
IES Campo San Alberto (Noia)

Ola, son un garfo! E agora estou vivindo na casa dos Pérez. Pero... queredes
saber como cheguei ata aquí? Pois aquí tedes a historia da miña vida.
Primeiro presentareivos os meus pais. Son o ferro e o carbono. Son
minerais que vivían na Terra, pero que non se coñecerían se non fose porque
os seres humanos decidiron que estaría ben que se xuntasen. Menos
mal que foi así, porque senón eu non estaría agora aquí. Porque si, acertastes,
eu nacín desa unión; ben, en realidade chámase unha aliaxe. E o
resultado dela é o aceiro.
Pero antes de chegar a ser como me vedes agora aínda ten que pasar
un tempo. Logo da aliaxe os humanos levan os meus pais a unhas fábricas
para que estean quentiños. Vaia, quen di quentiños di a uns 727 oC, o
suficiente para que os meus pais minareis se fundan e acaben formando
unhas estruturas cristalinas o bastante duras como para que eu e mais os
meus curmáns, o coitelo e a culler, poidamos facer ben o noso traballo.
Xa que vos presentei os meus pais e os meus curmáns, tamén vos teño
que dicir que na miña familia hai moitos máis membros, ata uns vinte.
Están o vanadio e o titanio, que me axudan a que eu sexa duro. Os meus
tíos, o cromo e mais o níquel, evitan que eu me oxide, por iso tamén me
podedes chamar «o inoxidable». Non é por chulearme, pero os que temos
un 12 % de cromo na familia somos virtualmente inoxidables. Si, si,
podédelo crer, porque así conseguimos unha capa de cromo que cobre
o aceiro e nos protexe da oxidación. Xa sabedes como veño ao mundo.
Queredes coñecer agora cando apareceron os meus primeiros antepasados?
Pois foi hai uns miles de anos.
Ai! Como pasa o tempo! A min houbo quen me dixo que os meus primeiros
antepasados viviron no tempo dos gregos, alá polo século iv a. C.
Tamén hai quen di que non foi ata o século ix cando comecei a estar presente
nas mesas para axudar os humanos a comer; disque unha tal princesa
bizantina, chamada Teodora, me puxo de moda.
E así ata agora. Eu e mais os meus irmáns, o do peixe e o das sobremesas,
estamos repartidos por case todo o mundo. Fáltanos por coñecer
a China e a India, porque alí non nos necesitan para comer.
Eu estou contento cos Pérez. Trátanme ben, non me dobran nin me
tiran ao lixo e úsanme para o que eu estou preparado. Como debe ser!
Ah, teño que deixarvos! Veñen buscarme para levarme á mesa, seica está
a comida lista e sen min non poden empezar.

lunes, 8 de diciembre de 2014

Yo de mayor quiero ser

Esta es la presentación que he hecho para esta tarea con la ayuda de google drive y google presentaciones
Espero que os guste!